Cargando resultados...
Ferido o condutor dunha furgoneta que envorcou na peaxe da AP-9 en Vilaboa
O vehículo foi retirado pouco despois e, segundo a Garda Civil, o accidente non afectou a circulación
G24.gal
05/10/2026 11:51
O condutor dunha furgoneta resultou ferido este luns ao envorcar o vehículo cando circulaba pola peaxe da AP-9 en Vilaboa, segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia.
Os feitos ocorreron sobre as 7:30 horas da mañá cando o condutor da furgoneta, que circulaba en sentido Vigo, perdeu o control e sufriu un envorco, quedando o vehículo no medio de dúas cabinas de cobranza.
O propio sistema e-call da furgoneta deu o aviso ao 112, que mobilizou a Urxencias Sanitarias-061, á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de mantemento da vía. O vehículo foi retirado pouco despois e, segundo a Garda Civil, o accidente non afectou a circulación.