Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres vehículos en dirección contraria e un choque frontal na AG-11 en menos dunha semana

Tres vehículos en dirección contraria e un choque frontal na AG-11 en menos dunha semana

Os incidentes sucédense no treito en obras da autovía do Barbanza, á altura de Rianxo

Os traballos de reasfaltado teñen cortados os carrís dirección Padrón, e os vehículos circulan en dobre sentido nos dous carrís dirección Ribeira

G24.gal 05/10/2026 14:28

Dous accidentes e polo menos tres vehículos en dirección contraria, en cousa de seis días: as alarmas activáronse na Autovía do Barbanza. Está en obras para mellorar o firme e, á altura de Rianxo, os traballos obrigaron a desviar o tráfico.

Están cortados os os carrís en dirección Padrón, entre o quilómetro 19 e o 14, e os vehículos teñen que circular en dobre sentido polos outros dous. Ademais, nese treito só se pode acceder á autovía en dirección Ribeira, e parece que hai confusión. Nun espazo de seis días, polo menos tres vehículos entraron ao revés na AG-11.

O primeiro provocou a saída de vía dun coche que tentaba esquivalo, sen danos graves. Os outros dous, segundo informou a Garda Civil, déronse conta en canto se viron na autovía, e puideron rectificar sen maiores incidencias. 

Nese mesmo punto, á altura de Taragoña, chocaron dous vehículos nos últimos días. "Foi un accidente frontolateral entre un camión e un turismo", explica David Lago, cabo de bombeiros de Boiro. "Foi un despiste, nese treito compartido, un cruzou a liña dos conos que separan os carrís, invadindo o lado contrario".

Non houbo feridos, os dous condutores saíron polo seu pé. E non foi o primeiro accidente -di Lago- que atenderon os bombeiros de Boiro dende que comezaron as obras na AG-11. "Dende que está en obras non é o primeiro que acontece, por despistes, porque pretendemos seguir circulando á mesma velocidade, e os danos son importantes", di. 

Os axentes de Tráfico, di a Garda Civil, tiñan previsto contactar á empresa adxudicataria das obras para que revisen e melloren a sinalización da zona, se é necesario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar