Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece o condutor dun turismo tras bater frontalmente cun camión nas Neves

Falece o condutor dun turismo tras bater frontalmente cun camión nas Neves

A vítima quedou atrapada no interior do vehículo

G24.gal 24/08/2026 14:31

O condutor dun turismo faleceu este luns pola mañá no municipio pontevedrés das Neves tras chocar frontalmente contra un camión.

O sinistro, segundo o 112 Galicia, produciuse ás 11:30 horas no quilómetro 7 da estrada PO-400, que vai dende Salvaterra a Crecente ao carón do río Miño.

O ocupante do turismo quedou atrapado no interior do vehículo e, a pesar da intervención dos servizos de emerxencia, faleceu.

O condutor da camioneta resultou ferido leve como consecuencia do impacto.

Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencia mobilizados tras recibir o aviso do accidente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade