Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queixas veciñais por unha chatarrería que invade a vía pública en Vilagarcía

Queixas veciñais por unha chatarrería que invade a vía pública en Vilagarcía

Os veciños de Cea piden a retirada dos refugallos para poder circular pola pista

A ferrallería acumula 18 denuncias do Seprona e non ten licenza de apertura

G24.gal 24/08/2026 14:31

Din os veciños de Cea que o problema comezou hai 4 anos, cando un incendio forestal arrasou o interior da chatarrería. Desde entón, aseguran, o negocio trasdalouse ao exterior formando un vertedoiro nas marxes da estrada.

Ademais dun problema ambiental e de salubridade din que están fartos de ter que agardar a que os camións fagan as descargas para poder circular pola pista que dá acceso ás súas casas.

O Concello de Vilagarcía pídelle á Xunta, que ten a competencia nestes terreos rústicos, que peche e desmantele unha instalación que acumula 18 denuncias do Seprona e non ten licenza de apertura.

Despois das últimas protestas, o negocio comprometeuse a retirar a ferralla nas próximas semanas. Esta mañá comezaron cos traballos.

Desde a chatarrería piden tempo. Pero estes veciños do Pousadoiro teñen a paciencia esgotada. E agardan ver a pista completamente despexada antes de que remate o mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade