Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Vite, en Santiago, lamentan reiterados rebentóns das tubaxes de auga

Veciños de Vite, en Santiago, lamentan reiterados rebentóns das tubaxes de auga

O último incidente ocorreu este luns á tarde e a auga volveulles de madrugada

Os veciños din que ocorre con moita frecuencia e que é pola antigüidade da rede

 

G24.gal 18/08/2026 14:01

O rebentón dunha tubaxe deixou sen auga unhas horas varios veciños da rúa Blanco Amor, na zona norte de Santiago de Compostela.

"Estiveron sen auga dende as sete da tarde, viñeron ás nove ou dez e ata a unha non volveu a auga. Está rompendo moi a miúdo", explica unha veciña.

No barrio quéixanse da reincidencia das roturas.

"Aquí debeu romper dez veces a tubaxe. No meu portal rompeu tres veces. É de uralita e cos anos podrece e coa presión rompe", conta outro veciño. 

E o problema non é só estaren horas sen auga, senón que cando volve non vén limpa.

"Non hai moito que rebentou unha caldeira e estaba chea de terra e de óxido, por estas roturas. Ás lavadoras éntralles sucidade." "Ao romper a tubaxe fan burato e terra, e entón sae a auga manchada. Pero se chamas veñen rápido eu chamei e viñeron rápido", apuntan os veciños.

Así as cousas, reclaman solucións de maior envergadura, máis aló da atención ás incidencias puntuais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade