Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Mos cortan a N-550 para urxir o Goberno a reforzar a seguridade da vía

Veciños de Mos cortan a N-550 para urxir o Goberno a reforzar a seguridade da vía

Veciños apoiados polo Concello protestan a pé de asfalto pola inseguridade da N-550

Reclámanlle ao Ministerio de Transportes medidas urxentes e a conversión nunha travesía urbana

Centos de veciños de Mos cortaron esta mañá a N-550
G24.gal 04/08/2026 14:22

"Non é un feito illado, é o pan de cada día", claman os veciños de Mos. Apenas dúas semanas despois dunha colisión frontal, unha peregrina alemá foi atropelada en pleno cruzamento co Camiño de Santiago.Foi a gota que colmou o vaso. 

A veciñanza advirte de que os puntos quilométricos 151, 152 e 153 convertéronse en auténticos puntos negros onde os accidentes, as freadas de emerxencia e os atropelos se repiten de forma sistemática.

A falta de visibilidade, a velocidade excesiva e a escaseza de pasos de peóns seguros ou de pasos elevados transforman este treito nunha trampa mortal. 

De feito, os informes de colectivos de automobilistas sitúan de forma reiterada a N-550 como unha das vías con maior índice de perigosidade de toda a provincia de Pontevedra.

Os afectados esixen que o Ministerio de Transportes deixe de mirar cara a outro lado e execute unha reforma integral da vía. 

Entre as demandas unánimes dos residentes e do propio Concello atópase a transformación do treito nunha travesía urbana, a instalación de radares e rotondas e a creación de accesos totalmente seguros para o Camiño de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade