Publicador de contidos

Publicador de contidos

As obras na N-540 e na N-6 provocan cortes nos accesos á cidade de Lugo

As obras na N-540 e na N-6 provocan cortes nos accesos á cidade de Lugo

Os traballos de rehabilitación do asfalto durarán ata este venres

G24.gal 04/08/2026 14:43

As borrascas do inverno pasado deixaron as estradas galegas cheas de fochancas e unha das peor paradas foi a N-540, a que une Lugo con Ourense. Veciños e transportistas protagonizaron meses de protestas, forzando o ministerio a actuar.

Transportes tivo que facer obras de emerxencia en máis de 1.500 quilómetros de estradas do Estado en toda Galicia. Investiu 35 millóns de euros en reparar o asfalto, 9 deles para a provincia de Lugo.

Este martes, precisamente, arrancaron na cidade de Lugo as obras de rehabilitación do firme no quilómetro cero da 540, onde conecta coa nacional sexta, a que vén da Coruña.

As vías de acceso á cidade estarán cortadas ata a unha da tarde do próximo venres. Segundo avancen os traballos, interromperase o tráfico nun ou outro ramal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos