Publicador de contidos

Publicador de contidos

A bolsa española alcanza por primeira vez na súa historia os 20.000 puntos

A bolsa española alcanza por primeira vez na súa historia os 20.000 puntos

O IBEX 35 subiu impulsado pola baixada do petróleo ante un acordo inminente para reabrir o estreito de Ormuz 

As ganancias acumuladas no ano son do 15,59 %

Interior do Palacio da Bolsa, en Madrid (Ricardo Rubio/Europa Press) Interior do Palacio da Bolsa, en Madrid (Ricardo Rubio/Europa Press)
G24.gal 04/08/2026 09:26

O principal índice da Bolsa española, o IBEX 35, subiu o 0,21% este martes e pechou en 20.023,6 puntos, un novo máximo histórico e a primeira vez que remata unha sesión por enriba da cota de 20.000 enteiros, impulsado pola baixada do petróleo ante un posible e inminente pacto para reabrir o estreito de Ormuz.

Ao peche dos mercados bolsistas europeos o brent, o petróleo de referencia en Europa, retrocedía o 3,94% e o barril cotizaba en 80,47 dólares. 

No mercado español, Arcelormittal ha repuntado o 4,3% e liderou as ganancias do IBEX; por detrás, Amadeus subiu o 2,21% e Sacyr, o 1,77%.

Acciona liderou os descensos da táboa (-7,18%) despois de que unha sociedade ligada á familia Entrecanales Franco, colocase 1,65 millóns de títulos da compañía (un 3% do capital social), seguida de Corporación Acciona Enerxía Renovable (-2,62%) e Endesa (1,45%).

No mercado da renda fixa, o rendemento do bono soberano nacional baixou un punto básico, ata o 3,532%.

O euro ascendía lixeiramente fronte ao dólar (0,08%) e cruzábase en 1,1518 dólares.

No mercado das materias primas, o gas natural TTF baixaba o 4,12%, ata 55,5 euros por megawatt hora (MWh).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade