Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nova suba do prezo dos combustibles pon a proba os petos das familias galegas

A nova suba do prezo dos combustibles pon a proba os petos das familias galegas

Tras once semanas consecutivas de incremento, o litro sitúase ao redor dos 2 euros 

Encher o depósito custa uns 20 euros máis ca a finais do pasado mes de xuño

G24.gal 19/09/2026 14:39 Última actualización 19/09/2026 15:14

Setembro segue poñendo a proba os petos das familias galegas e cada día a situación estase a volver máis complicada. Os combustibles continúan a súa escalada de prezo.

Segundo o xeoportal de gasolineiras do Ministerio de Transición Ecolóxia, en Galicia hai máis de 200 estacións de servizo que serven a gasolina 95 por riba dos 2 euros.

Con once semanas consecutivas de incremento, a media está no gasóleo en 1,834 euros o litro e no caso da gasolina en 1,866 euros o litro. Pero esto é unha media na que computan os establecementos de baixo custo. 

Nunha das máis de corenta gasolineiras no concello de Vigo comprobamos que encher un depósito de 50 litros de gasolina pasa dos cen euros. Son 20 euros máis que a finais de xuño.

"A xente dice qu a ver onde imos parar, que esto é insoportable, que a xente gasta a metade do soldo en combustible para ir aos traballos, e moi pendentes de se chega aos dous euros. O gasóleo está a piques, a 1,98 euros,  e a gasolina xa supera os dous euros. É o comentario de todos os días. A xente está moi preocupada poque supón un gasto para as familias moi importante", conta a TVG Mino Estévez, que é expendedor nunha gasolineira.

A costa de setembro parece pois a de xaneiro. Aos gastos extra do verán e ao que custa a volta ao colexio, súmanse este ano uns prezos dos combustibles que non deixan de subir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade