Publicador de contidos

Publicador de contidos

O porto da Coruña adxudica a ampliación do peirao de Langosteira para o traslado de Repsol

O porto da Coruña adxudica a ampliación do peirao de Langosteira para o traslado de Repsol

A obra, cun orzamento de 10,1 millóns de euros, permitirá habilitar un punto de atracada de graneis líquidos

Ampliación do peirao de Punta Langosteira. Autoridade Portuaria da Coruña Ampliación do peirao de Punta Langosteira. Autoridade Portuaria da Coruña
G24.gal 18/09/2026 18:33

O consello de administración da Autoridade Portuaria da Coruña adxudicou este venres as obras de prolongación do peirao do porto exterior, que posibilitará o traslado completo da terminal de Repsol desde Santo Diego ata Langosteira.

Ademais, acordou a prórroga que solicitou Figrupo Mariñas para a súa concesión na dársena de Oza.

A prolongación do peirao A3 do porto exterior ten o obxectivo de habilitar un punto de atracada de graneis líquidos, cumprindo así a programación prevista para completar o traslado da terminal marítima de Repsol.

Execución de 12 meses 

A obra ten un prazo de execución de doce meses e foi adxudicada á UTE integrada por Dragados, OHL/SATO e Prace. O orzamento é de 10,1 millóns de euros, lográndose unha rebaixa de case un millón de euros sobre o importe de licitación.

"Ten ademais a singularidade de que será a primeira obra do sistema portuario español que aplica criterios de contratación pública ecolóxica para o formigón e o aceiro", sinala a institución provincial.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade