Comezaron as obras de 17 novas vivendas públicas en Lalín
A xunta inviste 3,4 millóns de euros nesta promoción
A Xunta iniciou a construcción de 17 vivendas públicas en Lalín nun predio cedido polo concello. Terán protección permanente, prezo taxado e adxudicaranse a través do rexistro de demandantes. No edificio de tres andares haberá vivendas de dous, tres e catro dormitorios e una delas será adaptada. Disporán de paneis fotovoltaicos, patio e unha terraza común na parte superior.
A Xunta inviste nesta actuación 3,4 millóns de euros, financiada na súa totalidade con fondos propios. O prazo de excución é de 19 meses. Esta é a segunda prompoción pública que ten en marca a Xunta no concello de Lalín.
Nunha visita ás obras a conselleira de vivenda e Planificación de Infraestruturas destacou a importancia que ten a coloboración cos concellos para incentivar a construcción de vivendas de promoción pública. María Martínez Allegue puxo como exemplo o de Lalín "que cedeu dúas parcelas para construir máis dunha trintena de viendas públicas".