Comercios pechados, prazas baleiras e pintadas nos escaparates dalgunhas inmobiliarias
Os piquetes despregáronse polas grandes cidades coincidindo co horario de apertura do comercio
"Hai que pechar. É folga xeral", berran os integrantes dun piquete.
Piquetes despregados polas rúas das principais cidades galegas coincidindo co horario de apertura do comercio.
"Viñeron increparnos. Intentaron entrar na tenda porque querían informarnos. Viñeron os antidisturbios e eles pecharon a tenda", explica unha hostaleira.
A imaxe tamén se repetiu nos grandes centros comerciais. Co avance da xornada, moitos negocios foron reabrindo as súas portas.
"Seguín traballando. Non saquei as mesas para evitar problemas", di unha comerciante.
"Moitos secundan por medo e non por convicción", opina outra comerciante.
Esta é a imaxe da praza de Lugo, na Coruña. Postos baleiros, con algunha excepción, á espera de recoller encargos.
"Tiña uns encargos para levar para Madrid. Cando remate xa me vou".
Coincidindo con esta xornada de folga, volveron repetirse imaxes coma estas. Pintadas en varias inmobiliarias de Galicia.
"Están equivocando os tiros. Non somos os responsables disto", di Emilio García Pigueiras, presidente das Inmobiliarias de Galicia.
Desde a asociación de inmobiliarias están rexistrando todas as incidencias no sector e animan a denunciar os danos ante as forzas de seguridade.