Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xorde un novo proxecto co obxectivo de aproveitar o toxo para xerar calor

Xorde un novo proxecto co obxectivo de aproveitar o toxo para xerar calor

Con este fin presentouse un prototipo dunha máquina que permite recoller o toxo e trituralo

Prototipo dunha máquina capaz de recoller o toxo e trituralo
G24.gal 12/11/2026 15:22

A cooperativa AIRA é a responsable do deseño do proxecto ULEX_AE, o cal xorde da idea de intentar aproveitar o "recurso que temos en abundancia nos montes de Galicia", é dicir, o toxo. 

Para facer posible esta idea, presentouse o prototipo dunha máquina, a cal é un tractor convencional adaptado ao monte que se encarga de recoller o toxo e trituralo. Desta maneira, a acha do toxo pasaría por un proceso no que se consegue aproveitar dúas partes da planta e, así, obter dous produtos.

Segundo explica a responsable do proxecto, Lupe García, por un lado, aproveitaríase a parte verde para obter fariña, a cal se destinaría a alimentación animal e, por outro lado, empegaríase a parte leñosa do toxo para adquirir unha estela para o uso enerxético.

O racho do toxo ten un alto contido en proteína, pero tamén en nitróxeno, o que supón un problema no eido enerxético debido a que xera emisións. Porén, tal e como explica o director científico do CEDER-CIEMAT, se se separa esa parte alta en nitróxeno, a cal é "moi boa para o gando", queda outra que é "dun valor importante" e que "escasea" e, tamén, a parte leñosa que "é boa para queimar".

Lupe García sostén que se se consegue aproveitar este recurso, lograríase "mellorar a xestión dos nosos montes" mediante a redución da biomasa que se acumula neles. Isto, á súa vez, reduciría o risco de incendios. 

En definitiva, trátase de obter un monte máis eficiente, rendible e sostible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade