Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un plan para fortalecer as cooperativas agroalimentarias galegas

Un plan para fortalecer as cooperativas agroalimentarias galegas

Galicia conta con máis de 200 cooperativas agroalimentarias que xeran riqueza e fixan poboación no rural

Afrontan retos diversos, dende a necesidade de reducir a súa pegada de carbono ata melllorar a formación do seu persoal

G24.gal 26/11/2025 14:34

Suman máis de 18.000 socios e contan con 1.500 persoas asalariadas. Para fortalecelas, a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias lanza un plan de apoio. Son motor económico en zonas rurais e precisan garantir a súa continuidade grazas á formación en distintas áreas, como na incorporación á empresa agraria.

A asistencia técnica axudará cada explotación a buscar a maneira de reducir a pegada de carbono e o consumo de auga. Con máis de 360.000 euros de fondos europeos, Agaca conta con chegar a 260 explotacións gandeiras e formar unhas 700 persoas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade