Publicador de contidos

Publicador de contidos

A única cooperativa galega de estibadoras encóntrase no porto de Burela

A única cooperativa galega de estibadoras encóntrase no porto de Burela

A selección que realizan do peixe nas descargas nocturnas resulta fundamental para o éxito da venda dos lotes

Malia a dureza e a natureza da súa profesión, non se benefician do réxime especial dos traballadores do mar
 

Estibadoras en pleno labor tras unha descarga de pescada
Félix Aragunde 14/11/2025 21:01 Última actualización 14/11/2025 21:29

Seleccionan de madrugada o peixe que descargan no porto os palangreiros e os volanteiros. Sepáranos a man por especie, por calibre, por calidade ou por frescura, dándolles aos lotes un valor engadido que resulta fundamental para que a súa venda teña éxito. Son as estibadoras burelás, as únicas agrupadas nunha cooperativa en toda a costa galega.

"Á hora da venda, cando vai na caixa mesturado, un peixe que vaia mal, aínda que toda a caixa vaia fresquiña, un peixe só xa desvaloriza a caixa completa", explica Begoña Pernas, presidenda da cooperativa de estibadoras de Burela. 

Malia a importancia do seu traballo, o oficio de estibadora encóntrase en crise. A súa principal reivindicación é poder acollerse ao réxime especial dos traballadores do mar, o que lles permitiría xubilarse anos antes.

"Eu teño unha idade na que os ósos xa están un pouquiño máis sensibles. Entón, coller caixa, baixar caixa, abaixarse para aquí ou para alí, lévoo peor. E no inverno vai frío, hai humidade, ás veces móllaste...", sinala a estibadora Belén Ben Basanta. 

Nalgún caso, mesmo chegan a compaxinar o traballo de estibadora co de redeira, outro oficio que actualmente tamén carece dunha remuda xeracional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade