O futuro AVE Vigo-Porto estruturará o tecido industrial e económico da Eurorrexión galega e lusa
Desde a Adminisitración galega e tamén dede a Cámara de comercio e industria de Vigo pensan que o AVE influirá positivamente en sectores como a automoción, unido por exemplo Stellantis Vigo con Stellantis Magualde
Na actualidade, o tren Celta conecta ambas as dúas rexións en máis de dúas horas nun convoi moi antigo e a idea é que este traxecto se faga en menos dunha hora
Máis aló do aforro de tempo para os viaxeiros e da conectividade entre veciños, o AVE Vigo-Porto será a infraestrutura clave na vertebración da industria na Eurorrexión que conforma Galicia co norte de Portugal.
Máis aló diso, de que os particulares, os turistas cheguen á moderna Porto en cinuenta minutos en lugar de en dúas horas e vicecersa, a Alta Velocidade entre Vigo e Porto, cando sexa que estea lista, vai fundamentar e estruturar o texido industrial e económico da Eurorexión.
E ademáis dinamizará o mecado laboral conxunto nunha Eurorexión na que habitan máis de seis millóns de persoas.
Alta Velocidade entre Galicia e Porto e despois Porto Lisboa deixará a viaxe entre Vigo e Porto nuns cincuenta minutos de separación. Pero o tempo non é, segundo varios actores implicados como as Administracións ou as cámaras de comercio, o factor que marcará a diferencia co que hoxe temos. Tanto Galicia como as rexións lusas do Norte son basicamente exportadoras con sectores industriais e empresariais moi complemetarios.
"Vai situar moi ben a Galicia dentro do corredor Atlántico Ferroviario. Esto fundamentalmente quer dicir que imos ter máis capacidade de transportes de mercadurías por ferrocarril, imos ter unha mellor conexión entre os portos da Eurorexión, tanto galegos como do norte de Portugal, imos ter uha conexión moito maior cos nudos loxísticos non só da Península Ibéica senón de toda Europa. E polo tanto esto xustifica esta obra", expón á TVG Xesús Gamallo, director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.
"Non se trata tanto de cincuenta minutos ou cincenta e cinco ou corenta e nove... Trátase de que unha infraestrutura vertebra un territorio e iso ao final incrementa os fluxos comerciais e case o máis importante concentra as inversións. Porque cando unha inversión está buscando un lugar e atopa un territorio estruturado con varios millóns de habitantes, con universidades, con centros de negocios, con infraestruturas, é un polo de atracción", engade na mesma liña Víctor Varela, director da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa.
E aínda que os fluxos turísticos xa estean consolidados nesta Eurorexión, poderían mellorar. E hai que engadir o aspecto medioambiental. Ao substituír tren por coches, 22.000 cruzan a diario entre Tui e Valença, as emisións de Co2 baixarán.