Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cooperativismo agrario: cando a unión fai a forza

Cooperativismo agrario: cando a unión fai a forza

As 160 cooperativas agrarias que hai no país concentran 28.000 agricultores e gandeiros e dan traballo a máis de 6.000 persoas

G24.gal 13/01/2026 14:41

Din que a unión fai a forza, e boa mostra diso son as cooperativas agroalimentarias. As 160 cooperativas agrarias que hai na comunidade concentran 28.000 agricultores e gandeiros e dan traballo a máis de 6.000 persoas. Os que saben disto aseguran que ante as crises e os cambios bruscos dos mercados o cooperativismo só ten vantaxes.

Higinio Mougán, adxunto á dirección da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, di que estar dentro dunha cooperativa permite estar máis informado de como evolucionan os mercados e ver as diferentes estratexias para facer fronte ás desvantaxes.

Dos beneficios do cooperativismo saben moito en CLUN, a maior cooperativa leiteira de Galicia con máis de 3.000 socios que buscan no asociacionismo garantías, acompañamento e sobre todo seguridade ante os retos que se poidan presentar.

Jéssica Rey, directora de márketing e comunicación de CLUN, lembra que o cooperativismo foi unha solución para competir en mercados cambiantes ao longo dos anos; e apunta que sendo unha boa solución porque o contexto segue cambiando e porque a necesidade de unirse e optar a máis recursos e a mellores condicións ségueos achegando o modelo cooperativo.

Este modelo organizativo tan estendido en Galicia tamén promove a inclusión e igualdade de oportunidades cun único obxectivo: construír un sector agrogandeiro máis xusto, sustentable e igualitario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade