Publicador de contidos

Publicador de contidos

Repsol obtén unha axuda do Goberno de 133 millóns para producir hidróxeno verde na Coruña

Repsol obtén unha axuda do Goberno de 133 millóns para producir hidróxeno verde na Coruña

A compañía pretende producir máis de 60.000 toneladas deste combustible nun prazo de dez anos 

Refinería de Repsol na Coruña. TVG Refinería de Repsol na Coruña. TVG
G24.gal 22/07/2026 21:10

Repsol busca producir na Coruña máis de 60.000 toneladas de hidróxeno verde en dez anos.

A axuda do Ministerio de Transición Ecolóxica está condicionada a que a empresa obteña a autorización ambiental no prazo de 24 meses.

O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) propuxo conceder a Repsol unha subvención máxima de 133,39 millóns de euros para desenvolver o proxecto Atlas, unha planta de produción de hidróxeno renovable que se instalará no complexo industrial da compañía na Coruña.

A finalidade será producir este combustible limpo para substituír ao hidróxeno gris, obtido a partir de combustibles fósiles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade