A gasolina sobe e o diésel mantense despois dunha rebaixa fiscal de 20 céntimos por litro
O prezo dos combustibles achégase aos 2 euros por litro
Os consumidores agardan que o goberno aprobe un novo decreto en outubro que compense as subas das petroleiras
Imos cara ao remate de verán e seguimos vendo a escalada de prezos do combustible que se disparou co conflito de Oriente Medio, e a canda el subiu tamén o prezo do refinado, do transporte e as marxes das compañías.
"Antes enchiamos o depósito con 80 euros agora hai que botalle 100 ou 110 euros. Agora vimos de Portugal e alí aínda está máis caro".
Desde o primeiro de xullo o IVE dos carburantes volveu ao 21%, despois de estar ao 10, pero neste mes de setembro hai unha rebaixa temporal do imposto de hidrocarburos: 5 céntimos por litro na gasolina e 20 céntimos no diésel.
No caso dos transportistas cinco céntimos de desconto máis por litro no gasóleo profesional. Aínda así é difícil de asumir no traballo diario.
"Os prezos están bastante altos e para aqueles que sobreviven a base de traballar co coche é un importe para a economía familiar moi considerable".
"Isto é abusivo. Eu son autónomo e é insoportable".
As alternativas como o transporte público non son unha opción para todos.
"Por motivos laborable intento sempre coller o tren, pero se un día saes de traballar tarde non podes estar pendente dos horarios do tren".
"Considero que terían que facilitar algún tipo máis de axuda para persoas que teñan que facer desprazamentos amplos".
Os condutores agardan novas medidas compensatorias e que o goberno aprobe outro decreto en outubro que rebaixe os prezos.