Publicador de contidos

Publicador de contidos

O prezo medio dun menú do día supera xa os 15 euros en Galicia

O prezo medio dun menú do día supera xa os 15 euros en Galicia

Os hostaleiros tratan de conter a suba, malia o encarecemento da materia prima

G24.gal 31/08/2026 14:16 Última actualización 31/08/2026 14:35

En dez anos, o prezo medio do menú do día aumentou un 30 por cento en Galicia.

 "Agora o menú do día vale case tanto coma un á carta. Hai sitios onde que xa vale 16 euros", comenta unha clienta.

A media sitúase nos quince euros, de luns a venres, e chega ata os vinte nalgúns casos. Os hostaleiros atribúeno ao encarecemento dos custos de produción, desde a materia prima ao gasto enerxético, salarios e alugueiros.

Susana Rodríguez, hostaleira: "Moitísimo. E cousas fundamentais, como os ovos. O que máis usas é o que máis subiu".

Francisco Javier Outomuro, presidente da Unión de Hostaleiros Ourensáns: "Adoitamos apertar o cinto e non repercutimos a suba anual de custos, só repercutimos unha mínima parte".

Os clientes tómano en xeral con resignación. Comer na casa tamén subiu. 

"Ao subir a vida, os custos, hai que subir o prezo". "O prato na casa tamén subiu, porque tamén subiu a cesta da compra", comentan dous clientes.

Na procura de tarifas máis asequibles para os seus clientes, os hostaleiros buscan solucións creativas, como reducir os menús ao prato único ou eliminar complementos.

"Na bebida do menú só entra auga ou viño da casa. Se queres un refresco ou unha cervexa, hai que pagalo á parte", exemplifica Susana Rodríguez.

A revisión das tarifas adoita facerse a principios de ano, así que, de momento, os prezos manteranse uns meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade