Os hostaleiros estudan a posibilidade de cambiar as tarifas segundo a demanda
A proposta de prezos dinámicos divide a hostaleiros e clientes
Nun momento de prezos á alza, os hostaleiros botan contas para poder subir a persiana dos seus negocios.
"Os prezos van subindo. Os autónomos estamos ata o pescozo", di o hostaleiro, Luis Manuel Mateo.
O tirón da hostalería concéntrase en tres días da semana.
"Queremos condicións moi boas. Temos que traballar cinco días", explica Luis Veira.
Ampliar a oferta con prezos máis baixos ás xornadas con menor ocupación é unha das posibilidades que barallan os hostaleiros
"Se un hotel o fai. Se os avións tamén,os restaurante por qué non. Se somos dos que máis movemos en España", engade Luis Veira.
No fondo dos chamados prezos dinámicos está a base da economía. A lei da oferta e a demanda. E tamén os custos de produción.
"Se na tarifa da luz tes prezos diferentes segundo a hora do día, non ten o mesmo custe facer os servizos a unha hora que a outra. E logo está o tema dos custes laborais", engade.
Entre os clientes hai división de opinións.
"Non me parecería mal. O que pasa é que os que non pideran gozar da hostalería por semana estarían prexudicados". "Si vas un día e é máis barato, e vas outro máis caro. Pois non compensa".
Unha proposta sobre a mesa para un sector en proceso de transformación.