Publicador de contidos

Publicador de contidos

O euríbor pecha agosto no 2,95 %, o seu nivel máis alto desde hai dous anos

O euríbor pecha agosto no 2,95 %, o seu nivel máis alto desde hai dous anos

A suba deste índice anticipa unha suba das hipotecas de tipo variable

G24.gal 31/08/2026 12:37

O euríbor, a taxa de referencia do mercado interbancario ao que están ligadas a maioría das hipotecas a tipo variable de España, pechou o mes de agosto no 2,95 %, o seu nivel máis alto desde ese mesmo mes en 2024, cando o índice se posicionou no 3,169 %. En comparanza con xullo, a taxa subiu en 11 puntos básicos. 

Así as cousas, unha persoa que teña contratada unha hipoteca variable de 150.000 euros a 30 anos e cun diferencial do 0,99 % mais euríbor e deba revisar o seu tipo de xuro co euríbor de agosto rexistrará un incremento na súa cota de 70,25 euros ao mes. Isto equivale a 843 euros ao ano.

De cara ao peche do presente 2026, os expertos das distintas casas de análises coinciden en que o comportamento do euribor dependerá, case na súa totalidade, da situación en Oriente Próximo, aínda que auguran que o índice se posicionará próximo ao 3 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos