Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump asegura que o petróleo venezolano reporá as reservas minguadas dos EUA

Trump asegura que o petróleo venezolano reporá as reservas minguadas dos EUA

Os Estados Unidos terán o control maioritario de máis de 65.000 millóns de barrís das reservas probadas de petróleo en Venezuela

Trump culpa a Biden da caída da reserva nacional de petróleo no país

Delcy Rodríguez defende o acordo con Trump: "Venezuela mantén a soberanía dos recursos"

G24.gal 30/08/2026 18:04

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, asegurou que o petróleo venezolano comezará a repoñer as reservas estratéxicas de cru do seu país "moi pronto" en referencia ao acordo asinado entre ambos os países para que empresas estadounidenses se fagan co control dunha quinta parte das reservas probadas do país caribeño.

"Unha das cousas que farei co petróleo venezolano é encher a Reserva Estratéxica Nacional que, debido ao inepto Joe Biden, está practicamente baleira. O proceso de reposición completo comezará moi pronto e é un agasallo de Venezuela para a cidadanía dos Estados Unidos", escribiu Trump nunha mensaxe na súa rede Truth Social facendo referencia ao seu predecesor no cargo.

Con este acordo, os Estados Unidos terá o control maioritario de máis de 65.000 millóns de barrís das reservas probadas de petróleo en Venezuela. As reservas estratéxicas estadounidenses víronse enormemente reducidas debido á guerra iniciada en febreiro por Washington contra Irán. Actualmente están ao redor dos 290.000 barrís, o 41% da súa capacidade, uns 225.000 barrís menos ca o ano pasado. Este nivel non se vía desde 1983 cando o depósito aínda sufría os efectos da segunda crise do petróleo.

A mensaxe de Trump chega dous días despois de que anunciara un acordo polo cal os EUA controlarán algo máis do 20% das reservas probadas de cru venezolano. A presidenta encargada de Venezuela, Delcy Rodríguez, detallou o sábado que o acordo, do que se descoñecen a maioría de detalles, suporá a produción de 1,5 millóns de barrís diarios, terá unha vixencia de 25 anos e prevé o desenvolvemento de 17 campos estratéxicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade