Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump anuncia un acordo con Venezuela para quedar con parte do seu petróleo

Trump anuncia un acordo con Venezuela para quedar con parte do seu petróleo

O presidente estadounidense afirma que o acordo asegura "o control maioritario estadounidense" sobre máis de 65.000 millóns de barrís

A presidenta encargada de Venezuela, Delcy Rodríguez, apunta que o sector petroleiro recibirá 100.000 millóns de dólares en investimentos e que o Estado ingreará 209.000 millóns en impostos. 

O presidente estadounidense, Donald Trump (Reuters) O presidente estadounidense, Donald Trump (Reuters)
G24.gal 29/08/2026 02:16 Última actualización 29/08/2026 03:15

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, anunciou esta noite que o seu país chegou a un acordo histórico con Venezuela, que lle permitirá facerse co control dunha parte das reservas do petróleo venezolano."É o maior acordo petroleiro da historia mundial" escribiu na súa rede social.

Trump asegura que Washington terá o control maioritario sobre 65.000 millóns de barrís de reservas probadas de cru, o que permitirá duplicar as reservas petroleiras dos Estados Unidos. A operación, negociada entre os gobernos dos dous países, aumentará o abastecemento de petróleo e permitirá reducir a longo prazo o prezo da gasolina nos Estados Unidos.

A presidenta encargada de Venezuela, Delcy Rodríguez, sinala que a operación mobilizará máis de 100.000 millóns de dólares en investimentos e permitiralle ao Estado venezolano ingresar máis de 209.000 millóns en impostos. Delcy Rodríguez agradeceulle a Trump e ó secretario de Estado, Marco Rubio, a súa disposición para desenvolver unha alianza que cualificou de "fito histórico nas relacións bilaterais".

Venezuela ten as maiores reservas probadas de cru do mundo, con arredor de 300.000 millóns de barrís.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar