Publicador de contidos

Publicador de contidos

María Corina Machado está de volta en Venezuela

María Corina Machado está de volta en Venezuela

A líder opositora venezolana reapareceu nunha igrexa católica do estado Lara, no noroeste do país

Vente Venezuela Press/Handout via REUTERS Vente Venezuela Press/Handout via REUTERS
G24.gal 25/10/2026 17:09 Última actualización 25/10/2026 18:34

Despois de dez meses fóra do seu país, de onde saíu para recibir o Premio Nobel da Paz 2025 en Oslo, María Corina Machado regresou a Venezuela  tras superar uns sete bloqueos aéreos e marítimos ao seu retorno desde Centroamérica e illas do Caribe, segundo a información que revelou o seu equipo.

Instalada nos últimos meses no Panamá -país ao que considera unha segunda casa por acollela en momentos álxidos, como cando resgardou as actas de votación que, segundo a oposición, daban o triunfo a Edmundo González Urrutia nas presidenciais de 2024-, Machado chega a Venezuela decidida a encabezar a loita por unhas novas eleccións presidenciais.

O líder opositor Edmundo González Urrutia asegurou este domingo que a premio nobel da paz 2025, María Corina Machado, xa está de regreso en Venezuela, despois de que a propia líder opositora indicase nunha mensaxe en X que se atopa "aquí".

Machado dixo previamente: "Estou aquí. Con vostedes", sen precisar exactamente onde.

 González Urrutia dixo que "moi pronto" el tamén volverá para que o país "avance verdadeiramente cara á liberdade".

"Vostedes sábeno, isto é ata o final", engadiu o opositor, que se atopa exiliado en Madrid desde setembro de 2024.

Antes de saír de Venezuela, Machado estivo na clandestinidade durante case un ano para evitar ser detida tras as súas denuncias de fraude nas eleccións presidenciais de 2024, nas que foi proclamado como gañador o hoxe deposto presidente Nicolás Maduro sen que o Consello Nacional Electoral (CNE) -acusado de ser afín ao chavismo- publicase o detalle das votacións. 

Trump

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, expresou este domingo o seu desexo de que a líder opositora venezolana e premio nobel da paz 2025, María Corina Machado, estea a salvo tras o seu regreso a Venezuela, onde reapareceu nunha igrexa católica do estado Lara, no noroeste do país.

"É unha muller moi agradable. Deume o seu Premio Nobel, así que como podo dicir outra cousa? E espero que estea a salvo", declarou Trump a reporteiros en Washington. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade