Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda lembra que Lugo é a provincia onde se espera o mellor resultado

Rueda lembra que Lugo é a provincia onde se espera o mellor resultado

O líder do PPdeG animou aos lucenses a amosar a fortaleza do partido nas próximas eleccións xerais

Alfonso Rueda participou na polbada de San Froilán organizada polo PP de Lugo

 

G24.gal 25/10/2026 18:31

Alfonso Rueda pediulle aos lucenses que amosen a fortaleza do PPdeG nas próximas eleccións xerais.

Díxoo na tradicional polbada coa que os populares despiden cada ano o San Froilán e que nesta ocasión reuniu un milleiro de persoas.

Rueda dixo que Lugo é a provincia onde se espera o mellor resultado de toda España.

"Os votos que tivo o PP no ano 2023 nas xerais, cando se presentou Feijóo por primeira vez, xa foron os apios máis altos de España e ahora teñen que volver a selo. Temos que ser as catro provincias galegas o motor do cambio que ten que haber en España". 

O presidente do PPdeG puxo en valor os investimentos da Xunta na provincia de Lugo, unha mostra dixo, da estabilidade e moderación de Galicia e contrapúxoo coas manifestacións violentas desta semana que, asegurou, "non nos representan".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade