Publicador de contidos

Publicador de contidos

Albares critica a Machado por non querer reunirse co presidente español

Albares critica a Machado por non querer reunirse co presidente español

A opositora venezolana defende a súa posición fronte as "agresións", di, do Goberno español

G24.gal 20/04/2026 14:58

María Corina Machado continúa coa súa axenda en España. Nela non hai ningún encontro co Goberno de Pedro Sánchez.

Nunha entrevista en RNE, o ministro de Exteriores criticou a súa decisión. Para José Manuel Albares, "ela escolleu actuar como unha líder ideolóxica e por iso decidiu reunirse só cunha parte do espectro político, coa extrema dereita española".

As palabras de Albares chegaron a oídos da opositora venezolana. 

"As declaracións recentes e as agresións que se viron nestas últimas horas explican moi ben a decisión de ter certas reunións e outras non", aseguroulle María Corina Machado aos xornalistas.

A primeira hora si estivo acompañada dun socialista, de Felipe González. Preguntarónlle ao expresidente que opina de que Machado non quixese reunirse con Sánchez. "Puido facelo", respondeu.

O Goberno e os seus socios critican a postura da premio Nobel. Para o ministro Pablo Bustinduy, "ela reunirase con quen queira, pero é incomprensible". Para Pablo Fernández, voceiro de Podemos,  "é unha falta de respecto".

Pero para o líder do PP, a premio Nobel da Paz acertou. Alberto Núñez Feijóo cre que "non ten ningún sentido" que Machado se reúna cun presidente "que compadreou e segue compadreando co réxime de Maduro".

No que si coinciden o Goberno e a venezolana é en condenar os cánticos racistas que se escoitaron en Madrid o sábado pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade