A DXT intensifica os controis nas estradas pola operación retorno das vacacións
A operación especial de tráfico polo retorno das vacacións vai estar activada ata a media noite do luns
Os axentes están a realizar controis de velocidade e consumo de acohol e drogas
Remata agosto e para moitos toca volver á casa logo de gozar duns días de vacacións. E os que están de volta coiciden cos que se desprazan para pasar uns días de descanso.
"Na operación retorno do verán prevese un pouco máis de intensidade circulatoria que outros días do ano", explica o xefe do Destacamento de Tráfico de Santiago, Daniel Torrado.
"Para ir de vacacións a Lisboa. Tentamos saír cedo para ver se estaba tranquilo, pero supoño que se irá animando."
"Sairemos mañá seguramente que estará un pouco máis despexado, cremos. Sairemos mañá."
"Sobre todo á entrada de Bilbao, igual dúas horas de retención, hoxe seguramente."
Para velar pola seguridade nas estradas a DXT está intensificar os controis que estes días poderemos atopar en calquera tipo de vía e a calquera hora do día.
"Vixilamos que a xente vaia sen beber, facemos controis de consumo de alcohol e de velocidade", di Daniel Torrado
"Control de alcoholemia e bebín so un café."
"É excelente esto, porque ás veces hai condutores que non fan o correcto e é bo que fagan estes controis de cando en vez."
"Un control rutinario de alcoholemia sinxelo e normal."
"Encontreime con este contro aquí e tocoume a min."
Ademáis dos controis, tráfico tamén está a despregar pola rede viaria galega unha serie de cámaras e vehículos camuflados que controlan dende os excesos de velocidade ata o uso do cinto de seguridade ou do móvil ao volante.