O acordo entre EUA e Irán impulsa as bolsas e fai caer o prezo do petróleo
Os mercados reaccionan con fortes subas en Asia e avances en Europa ante a reapertura do estreito de Ormuz
O Ibex 35 consegue un máximo histórico ao superar por primeira vez os 19.100 puntos
Foto Arquivo/Europa Press
Mentres o Ibex 35 alcanzaba novos máximos históricos tras o anuncio do acordo entre os Estados Unidos e Irán, os mercados internacionais centraban a súa atención noutra das consecuencias inmediatas do pacto: a forte caída do potróleo e o avance das principais bolsas mundiais.
O barril de Brent, de referencia en Europa, chegou a baixar máis dun 4 % nas primeiras horas da sesión, ata situarse arredor dos 83 dólares. Pola súa banda, o West Texas Intermediate (WTI), referencia nos Estados Unidos, retrocedía máis dun 5 %, marcando mínimos dos últimos dous meses.
Os investidores interpretan que a reapertura do estreito de Ormuz reducirá a presión sobre o subministro enerxético mundial. Trátase dun enclave estratéxico polo que transita unha parte significativa do petróleo e do gas que se comercialia no planeta.
A reacción foi especialmente intensa en Asia. O índice Shenzhen, na China, avanzou preto dun 4 % mentres o Nikkei xaponés e o Kospi surcoreano rexistraron ganancias superiores ao 5 %.
En Europa, os principais indicadores tamén abriron en verde. O DAX alemán subía arredor dun 1,8 %, o CAC un 1,7 % e o FETSE 100 británico preto dun 0,8 %.
Os mercados seguen pendentes da evolución do acordo, que prevé o cesamento das accións militares e a reapertura progresiva do estreito de Ormuz, considerando unha das principais arterias do comercio mundial de hidrocarburos.