Publicador de contidos

Publicador de contidos

Euforia nas bolsas europeas logo do anuncio de tregua: o IBEX 35 sobe máis dun 3 % e supera os 18.000 puntos

Euforia nas bolsas europeas logo do anuncio de tregua: o IBEX 35 sobe máis dun 3 % e supera os 18.000 puntos

O prezo do petróleo Brent cotizaba sobre os 94 dólares na apertura das bolsas europeas tras baixar un 13,5 %

G24.gal 08/04/2026 09:37

O índice IBEX 35 da Bolsa de Madrid comezou a sesión deste mércores cunha alza do 1,23 %, nunha apertura marcada pola baixada dos prezos do petróleo a menos de 100 dólares o barril tras o cesamento do fogo de dúas semanas acordado polos Estados Unidos (EUA) e Irán tan só dúas horas antes de que vencese o ultimato lanzado polo presidente norteamericano Donald Trump.

En concreto, o selectivo madrileño subía na apertura ata cotizar nos 17.659,40 puntos. No entanto, pasados os primeiros minutos, o IBEX ampliaba as súas ganancias ata o 3,71 % e conquistaba os 18.093,1 puntos.

O prezo do petróleo Brent, de referencia en Europa, cotizaba sobre os 94 dólares na apertura das bolsas europeas, tras baixar un 13,5 %, en tanto que o barril de cru West Texas Intermediate (WTI), de referencia nos EUA, se negociaba sobre os 96 dólares despois de retroceder un 15 %.

A forte baixada do prezo do petróleo, que aínda se atopa por encima dos 72 dólares por barril previos á guerra en Irán, prodúcese despois de que Trump aceptase suspender os ataques contra Irán por un período de dúas semanas, sempre que o país centroasiático acepte a apertura total, inmediata e segura do estreito de Ormuz.

As bolsas europeas soben un 5%

As bolsas europeas abriron este mércores con subidas ao redor do 5% tras alcanzar os EUA e Irán un acordo de cesamento do fogo de dúas semanas.

Na apertura do mercado, a bolsa que máis sobe é a de Frankfurt, un 5,34%; seguida de Madrid, o 5%; Milán, o 4,40%; Londres, o 3,15%; e París, o 1,31%.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade