Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferrol reabre a súa peixería modernista

Ferrol reabre a súa peixería modernista

O pavillón deseñado por Rodolfo Ucha en 1910 foi rehabilitado e xa acolle 10 postos de peixe

A peixería contará cun espazo gastronómico para a degustación in situ que está en proceso de adxudicación

G24.gal 04/08/2026 14:21

No exterior, a beleza dun pavillón modernista e no interior, o mellor peixe e marisco das Rías Altas. Reabriu a Peixería de Ucha, no mercado da Magdalena de Ferrol. Así que ir facer a compra converteuse nun acontecemento cultural.

O pavillón de Rodrolfo Ucha reabre, conservando a esencia, cunha renovación na cuberta e unha reordenación do espazo que é agora máis accesible, diáfano e con bancos para as esperas.

O espazo gastronómico está pendente de retoques e de que se complete a adxudicación. É unha das bazas para revitalizar o mercado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade