Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 63 % dos consumidores mudou os hábitos de compra pola suba do prezo dos alimentos

O 63 % dos consumidores mudou os hábitos de compra pola suba do prezo dos alimentos

O informe da Asociación de Investigación da Industria Agroalimentaria constata cambios nos costumes

Buscamos máis ofertas e renunciamos a produtos de máis custo ou que poden ser considerados un capricho

G24.gal 09/06/2026 15:16

A compra está sendo unha etapa dura. Os prezos dos alimentos seguen subindo e xa hai efectos medibles nos costumes dos consumidores. Constátao o Barómetro de consumo da Asociación de Investigación da Industria Agroalimentaria, un centro tecnolóxico privado ao que están asociadas máis de oitocentas empresas, incluídas marcas moi coñecidas no sector.

Segundo os seus datos, o 63 % dos consumidores mudou os seus hábitos de compra por mor dos prezos. Na cesta da compra gañan peso a planificación, a busca de ofertas e unha orientación cara a produtos básicos, saudables e funcionais.

O informe de Ainia revela que, de entre quen cambiaron os costumes, o 85 % fíxase máis nos prezos, o 78 % compra máis productos en oferta e o 74 % di que se permite menos caprichos. Os consumidores comparan máis, buscan promocións e reducen compras non esenciais. 

A explicación é que catro de cada cinco consumidores cren que gastaron máis en alimentación o último ano e tres de cada catro pensan que gastarán máis este.

Cambio de tendencia

Ainia deduce que hai un cambio de tendencia. Non se está percibindo unha redución xeral do consumo senón que nos volevmos máis selectivos. Así, mantense a compra de produtos básicos de cociña diaria (lácteos, pasta, arroz, hortalizas..) e crecen categorías asociadas a unha alimentación funcional (verduras, froita, ovos, legumes...). Ao contrario, si baixa o consumo de artigos de máis custo, como peixe e marisco e bebidas alcólicas.

Hai cousas que non cambian. A maioría elixe os supermercados como lugar de compra máis frecuente (9 de cada 10) mentres medra algo a compra pola Internet. 

A conclusión do estudo é que os consumidores están a adaptar a compra a unha suba constante e estable dos prezos dos alimentos. Planificamos máis, buscamos ofertas, priorizamos produtos básicos e mantemos o fogar como base principal de alimentación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade