A loita contra os desperdicios alimentarios ten que gañarse no fogar
Desperdiciamos menos pero, máis do 97 % do que tiramos ao lixo é doméstico.; sobre todo produtos frescos como froitas e verduras
O desperdicio alimentario reduciuse un 20 % respecto a 2020. Somos máis conscientes de non malgastar cando comemos fóra da casa. Así o reflicte o informe anual presentado este xoves polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Pesca. Sectores relacionados coa alimentación e a restauración tamén buscan ferramentas para lograr este obxectivo. Por exemplo traballar por encargas ou quitar o menú do día de moitos restaurantes para evitar as sobras.
A estratexia nacional de alimentación seguirá traballando na mellora destas cifras, que afectan aos nosos petos. Luis Planas, ministro de Alimentación, Pesca e Agricultura.
O desperdicio alimentario é un serio problema para os nosos petos, é o alimento máis caro, pero tamén dende un puntos de vista económico e moral.
Nese traballo de concienciación hai que ter en conta os máis novos. Son os que máis desperdician tanto en bebidas como en alimentos. A cifra dentro do fogar equivalería a uns 24 quilos ou litros por persoa.