Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumenta a venda de produtos de marca branca: van seis de cada dez euros que gastamos no supermercado

Aumenta a venda de produtos de marca branca: van seis de cada dez euros que gastamos no supermercado

A percepción do aumento da calidade, un dos motivos do aumento da venda de marcas brancas

G24.gal 03/08/2026 12:50

A mellora da calidade está detrás do aumento da compra de produtos de marca branca, sobre todo en alimentación. Seis de cada dez euros de gasto na cesta da compra son para mercar produtos dos distribuidores. En Galicia, case a metade das familias recoñecen que prefiren as marcas brancas. 

Nunca antes se venderan tantas marcas brancas. Nalgúns grandes supermercados, oito de cada dez produtos dos que pasan por caixa son de marcas de distribución. Seis de cada dez euros dos que se gastan en alimentación van para mercar referencias de marca branca.

A mellora da calidade percibida das marcas brancas, que algunhas ofrezan tamén gamas premium, está detrás do aumento histórico das vendas, tamén, o investimento en innovación e o aforro.

En Galicia, catro de cada dez familias recoñecen que, á hora de encher o carro da compra, priorizan as marcas brancas fronte ás máis coñecidas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade