A Xunta fará unha guía práctica de avaliación ambiental para facilitar trámites
Busca dar seguridade xurídica aos emprendedores e reducir burocracia
A Consellería de Medio Ambiente di que isto non vai reducir as esixencias
Galicia impulsa 17 proxectos industriais estratéxicos con máis de 1.500 millóns de investimento e 1.400 empregos directos en sectores como a automoción eléctrica, a enerxía, a biotecnoloxía e a defensa.Con todo, para chegar aquí, as empresas tiveron que esquivar unha auténtica arañeira administrativa.
A Xunta, consciente de que a falta dun manual único con criterios claros pode frear o investimento, vai cambiar as regras do xogo.
Para solucionalo, elaborará unha guía práctica de avaliación ambiental enfocada en dous obxectivos: dar seguridade xurídica total aos emprendedores desde o primeiro día e reducir drasticamente a burocracia, eliminando consultas recorrentes e peticións de documentación complementaria.
Segundo a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vazquez, esta guía "vén resolver calquera tipo de dúbidas que poida ter o promotor, calquera admistración ou calquera persona", pero advirte de que "simplificar non significa rebaixar garantías, significa dispoñer de mellor información desde o inicio para tomar decisións máis fundamentadas e, por suposto, máis rapidas".