Publicador de contidos

Publicador de contidos

Está xustificado chegar tarde ao traballo por un atasco? Si, pero non sempre

Está xustificado chegar tarde ao traballo por un atasco? Si, pero non sempre

A norma di que, en xeral, o afectado debe avisar a empresa e recuperar o tempo perdido

G24.gal 25/11/2026 15:13

Había un atasco. Escoitámolo mil veces e pode que algunha como protagonistas. Quedar atrapado nunha retención de tráfico é unha causa frecuente para chegar tarde a unha cita, a clase ou para entrar tarde a traballar. E, en xeral, pode ser unha causa xustificada.

A lei interpreta que un atasco é unha situación de forza maior que impide que alguén cumpra co seu horario. Pero existe un matiz fundamental: que sexa algo puntual (un accidente, unha nevarada, unha manifestación...) ou algo repetitivo, como acontece en moitas cidades. Uns atrasos poden xustificarse, outros non.

"Se ti es quen de xustificar que houbo un caso extraordinario que te impide chegar, incluso nun mesmo mes pode ocorrer varias veces", asegura Santiago García, coordinador de Comisións Obreiras no grupo Stellantis en España.

"Cousa distinta é se vivimos en Madrid e sabemos que habitualmente, porque é constante, hai unha demora de media hora ou dunha hora", apunta Javier de Cominges, avogado do despacho Zeres en Vigo.

E pode haber consecuencias? Depende de cada caso. Algunhas empresas teñen establecido que quen chegue tarde ao traballo debe recuperar ese tempo. Noutras, o acordado é descontar parte do salario. Hainas que pagan (ou quitan) pluses de puntualidade tamén. A norma, agás que os convenios recollan algo diferente, é que hai que devolver o tempo perdido.

Para xustificar un atraso é fundamental avisar a empresa. E no caso dun atasco, por exemplo, logo hai que demostrar os feitos. Pero non cumprir co horario, se é un feito recorrente, pode ser considerado motivo de sanción. Incluso, en situacións extremas, motivo de despedimento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade