84 Centros de Información á Muller ofrecen axuda e acompañamento ás vítimas de violencia machista
O CIM de Coirós, un dos pioneiros nos concellos rurais, atende 154 casos novos este ano
Entramos nun dos centros pioneiros de atención á muller no rural. No CIM de Coirós atenderon 154 casos novos no último ano. Un traballo que suma o acompañamento que fan durante todo o proceso de construción dunha vida nova.
"Necesitan non ser xulgadas, unha escoita activa, que saiban que hai recursos. Asesoramento xurídico, psicolóxico. En non podemos esquecer os fillos e fillas destas mulleres, que non deixan de ser unhas vítimas máis", explica Raquel Montero, directora do CIM de Coirós.
Máis de 30 anos de traxectoria axudando a mulleres que suman un risco engadido por residir en contornas rurais. É a conclusión dun estudo do Observatorio do Poder Xudicial. Os profesionais animan a denunciar.
"É importante ter esperanza e confiar nos recursos para poder saír. Que se acheguen aos centros de información á muller que estamos para axudar", asegura Raquel Montero.
Unha man tendida cando é difícil ver unha saída.