Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión para o suposto autor do atraco con escopeta nun supermercado de Pontedeume

Prisión para o suposto autor do atraco con escopeta nun supermercado de Pontedeume

Ao detido, de 49 anos e veciño de Ferrol, atribúeselle un delito de roubo con violencia e intimidación

Foi arrestado na Coruña o mesmo día dos feitos. No interior do seu coche levaba a escopeta de caza que presuntamente empregou no roubo, ademáis de cartuchos e un revólver con munición

G24.gal 25/11/2026 15:19

A Garda Civil confirmou este mércores o ingreso en prisión, tras prestar declaración ante un xulgado, do presunto autor do atraco cometido cunha escopeta de caza este luns nun supermercado de Pontedeume.

O home foi detido nesa mesma xornada na cidade da Coruña.

A Garda Civil indica que ao arrestado atribúeselle un delito de roubo con violencia e intimidación por uns feitos acontecidos este luns ao redor das dúas da tarde nun supermercado da cadea Día na céntrica Avenida de Ferrol, no centro urbano de Pontedeume.

Efectuou un disparo ao teito 

Segundo a Garda Civil, nese momento permanecían no seu interior dous clientes e unha empregada, á que o home lle esixiu a recadación da caixa rexistradora, uns 200 euros, mentres que, co afán de "intimidar" ás demais persoas, realizou un disparo ao teito.

O turismo no que fuxiu foi localizado, xa estacionado, na cidade da Coruña e observouse que, unhas horas despois do atraco, achegouse a el "un individuo cuxas características físicas e vestimenta coincidían coas do presunto autor dos feitos", segundo a mesma fonte.

Unha vez detido, rexistrouse o seu vehículo, no que se interveu a escopeta que utilizaría no roubo, alén de numerosos cartuchos, un revólver detonador coa súa correspondente munición, tres balanzas de precisión, un quilogramo de cafeína pura e unha caixa forte baleira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade