Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha incidencia eléctrica impediu a entrada e saída de trens en Redondela

Unha incidencia eléctrica impediu a entrada e saída de trens en Redondela

Afectou o tren das 8 da mañá da conexión Vigo-A Coruña 

O atraso acumulado foi dunha hora e vinte minutos

Pasaxeiros agardando polo tren na estación viguesa de Urzáiz
G24.gal 24/09/2026 13:42

Oito da mañá na estación de tren de Urzáiz. Caras de preocupación entre os pasaxeiros porque xa os avisaran dunha hora de atraso na saída do seu tren.

"Ás 6 e pico chegounos un correo de Renfe dicindo que chegaba máis tarde, en principio atrasábase ata as 9. Logo ás 9 chegounos outro correo, así sucesivamente".

"A primeira avaría foi a catenaria, eu preguntei e logo a segunda, este tren, foi o tema de portas que non conseguían que abriran e pecharan correctamente", comentan os pasaxeiros.

Finalmente o tren de media distancia que une Vigo e A Coruña saíu hora e vinte máis tarde. Moitos pasaxeiros buscaron un plan B pola súa conta, unha desbandada visible no interior dalgúns vagóns. 

"Algunhas persoas podemos pois estas horas que nos fan perder recuperalas máis tarde, pero hai outras persoas que non poden facelo, por se teñen que vir a unha cita médica ou teñen que vir a un exame".

O atraso afectou aos pasaxeiros ao longo de todo o traxecto. En Santiago despois dunha hora agardando, situáronos nun AVLO que viña de Madrid pero non todos o souberon.

"Non, porque estaba arriba xusto facendo unhas cousas de clase e non me decatei".

"Non nos avisaron arriba aos que estabamos agardando, os que estaban aquí si porque foi publicado os que estabamos arriba non", apuntan un par de persoas que agardaban o tren na estación de Santiago.

Unha vez máis o enfado foi maiúsculo porque este novo atraso puxo patas arriba a mañá de moitas persoas.

 "Sería moi interesante que tiveramos unha opción a maiores e non estar a agardar tanto tempo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade