Reabre a estrada que vai de Pantón a Nogueira de Ramuín en Ourense
As máquinas seguen traballando, pero os coches xa poden circular por esta estrada provincial de Lugo
A vía estivo cortada desde febreiro polo deprendemento de pedras de ata 30 toneladas
Cando vai facer os seis meses do desprendemento de grandes pedras da ladeira, xa se pode circular pola estrada que comunica os concellos de Ferreira de Pantón co concello ourensán de Nogueira de Ramuín e co canón do Sil. Segundo informou a Deputación de Lugo, o tráfico quedou restablecido este pasado venres, unha vía moi empregada polos veciños e os turistas.
As máquinas seguen traballando, pero os coches xa poden circular por esta estrada provincial de Lugo que estivo cortada desde febreiro polo deprendemento de pedras de ata 30 toneladas.
Despois de case seis meses a veciñanza dos concellos de Ferreira de Pantón e Nogueira de Ramuín en Ourense volven estar comunicados.
Unha obra complicada en que se retiraron máis de 25.000 metros cúbicos de terra, e para asegurar a ladeira, tiveron que quitar peso ata os 75 metros de altura. Agora están botando un novo aglomerado.
Nestes días rematarán os traballo de limpeza e a obra, que contou cun orzamento de 600.000 euros, financiados pola Deputación de Lugo.