Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta propón Galicia como un destino seguro para os investimentos do grupo chinés Citic

A Xunta propón Galicia como un destino seguro para os investimentos do grupo chinés Citic

O grupo Citic é un dos conglomerados máis grandes da China, con presenza en sectores clave como o dos servizos financeiros, as tecnoloxías industriais e as telecomunicacións

EFE EFE
G24.gal 21/09/2026 21:15

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse este luns cunha delegación do conglomerado chinés Citic Group para analizar os seus proxectos en Galicia e estudar novas vías de colaboración.

Citic Group ten na actualidade unha base no Porriño onde produce compoñentes para o sector mineiro, o petroleiro e o das enerxías renovables.

Na xuntanza Rueda destacou o atractivo de Galicia para investir. O grupo Citic é un dos conglomerados máis grandes da China, con presenza en sectores clave como o dos servizos financieiros, as tecnoloxías industriais e as telecomunicacións. 

O titular do Executivo autonómico trasladou á delegación chinesa que a comunidade se afianzou como "un territorio seguro e atractivo para investir" e remarcou as vantaxes competitivas que ofrece a rexión.

Así, destacou "a estabilidade institucional e seguridade xurídica" que ofrece Galicia e o compromiso do Gobierno autonómico á hora de "facilitar e axilizar a implantación de proxectos de calado no territorio galego", entre eles o do tamén grupo chinés SAIC na comarca de Ferrol.

Este encontro dá continuidade á axenda de contactos bilaterais iniciada en maio do ano pasado entre Rueda e a cúpula do grupo, así como ás reunións que mantivo na China a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, o pasado mes de abril.

Os representantes de Citic tamén se reuniron este luns co alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen lles presentou as fortalezas da cidade, entre elas, o seu peso industrial, a cualificación técnica da Universidade de Vigo e a dispoñibilidade de chan tras a aprobación do Plan Xeral, para invitar a multinacional a desenvolver proxectos de futuro no municipio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade