Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moita xente nova volve pensar nos labores do campo como saída laboral

Moita xente nova volve pensar nos labores do campo como saída laboral

As novas xeracións teñen moi en conta a formación e os ciclos de FP relacionados con actividade agraria, gandeira e forestal, que cada ano teñen máis demanda

A metade dos estudantes destes ciclos profesionais en Galicia son mulleres

G24.gal 22/09/2026 13:58

O campo galego atrae cada vez máis xente nova. A tecnificación, a calidade de vida e as oportunidades de emprego impulsan unha remuda que tamén se nota nas aulas de formación agraria.

Hai 50 ou 60 anos moitos querían marchar do rural á procura de novas oportunidades laborais. A incorporación de novas tecnoloxías que fan máis levadíos moitos labores e a calidade de vida no campo fan que os fillos e fillas de gandeiros e agricultores xa non pensen en deixar a explotación.

"A min gústame de sempre e quero seguir con isto", di unha alumna do centro de FP Pedro Murias de Ribadeo. 

Tamén rapaces sen tradición agraria miran cara a un sector con moita oferta de emprego. As novas xeracións coinciden, iso si, na importancia da formación.

"A gran maioría das alumnos e alumnas veñen polo relevos xeracional, para facerse cargo da explotación familiar". " A gran maioría das alumnos e alumnas veñen polo relevos xeracional, para facerse cargo da explotación familiar", di Manuel Valín, director do Centro de Formación Agraria Pedro Murias.

"Hai xente que ven coa idea de continuar na explotación familiar e outros porque simplemente lles gustan os animais e o campo". "Hai xente que ven coa idea de continuar na explotación familiar e outros porque simplemente lles gustan os animais e o campo", di Pedro Luis López, profesor de instalacións agrícolas do CEFEA Pedro Murias. 

Unha transformación do sector que se reflicte nas aulas dos centros de formación profesional onde a demanda medra ano a ano.

"Hai tres anos tíñamos seis alumnos e agora temos 60".

Na Pedro Murias estrearon esta ano un ciclo de gandería que está a ser todo un éxito.

"Temos lista de espera, di o director, e alumnos non só de Galicia, senón xente que vén de Madrid, Valencia ou Bilbao estudar aquí".

Máis de seiscentos alumnos matriculados este curso nos centros de formación de toda Galicia dos que case a metade son mulleres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade