Cargando resultados...
Xa funcionan as novas liñas de autobús en Poio
Poio estrea servizo de autobús urbano para unir o interior das parroquias do municipio nos días laborables
Son dúas liñas que fan preto de 50 paradas
G24.gal
03/08/2026 14:45
Ir ao centro de saúde ou achegarse ao concello facer algún trámite. Son dúas das actividades máis comúns que ata agora supuñan que moitos veciños de Poio dependensen do coche ou dun taxi.
As dúas liñas de autobús, que en total cobren case 50 paradas, xa están en funcionamento. Polo momento o servizo que máis prestan é o de dar información ata que todo o mundo coñeza a oferta.
Con estas dúas rutas polo interior, que chegan ata os límites con Sanxenxo e Pontevedra, o Concello de Poio busca dar resposta aos veciños máis afastados da estrada da costa non contaban con servizo de transporte público.