Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta denuncia que Galicia perde 14 liñas de autobús estatais

A Xunta denuncia que Galicia perde 14 liñas de autobús estatais

Dende Galicia xa presentaron alegacións para evitar que sexa unha realidade o novo mapa de transporte por estrada presentado polo Goberno central

G24.gal 30/07/2026 14:41

Verín, un concello de 14.000 habitantes quedaría sen que pasen por alí as grandes liñas, segundo o análise realizado pola Xunta. Unha situación que se repetiría en Allariz, A Gudiña ou Xinzo.

O principal prexuízo sería para os territorios rurais. Para gañar tempos nos desprazamentos, 30 municipios pasan de contar con paradas fixas a un sistema de parada baixo demanda no novo mapa estatal para os autobuses. Mantéñense os cinco corredores que enlazan Galicia con cidades como Salamanca, Bilbao, Barcelona ou Sevilla, pero segundo a Xunta, pérdense o 32 % das rutas.

Modificar algunhas rutas supón, por exempo, que desapareza a conexión directa de Ferrol e Lugo con Alxeciras. A Xunta advirte de que ao eliminarse algunhas conexións, Galicia tería que asumir o custo de novos servizos para evitar que os municipios afectados queden illados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade