Publicador de contidos

Publicador de contidos

O proxecto da mina de volframio da Gudiña en risco pola condena por estafa ao seu director

O proxecto da mina de volframio da Gudiña en risco pola condena por estafa ao seu director

En xogo os 35 empregos directos e os 100 indirectos vinculados a esta explotación 

Traballo na mina de Pentes. Eurobattery Traballo na mina de Pentes. Eurobattery
G24.gal 22/09/2026 20:20

A crise que atravesa Eurobattery Minerals, a compañía que promove a mina de volframio na Gudiña, pon en risco o desenvolvemento deste proxecto, que conleva a creación de 35 postos de traballo directos e uns 100 indirectos e que estaba previsto que estivese operativo no segundo semestre de 2026.

O director executivo da empresa, Roberto García Martínez, foi condenado por fraude nunha sentenza da Audiencia Provincial de Biscaia, que foi ratificada en xaneiro de 2026, e á que tivo acceso Europa Press.

Terá que cumprir unha pena de 2 anos de cadea, pagar unha multa de 8 meses cunha cota diaria de 30 euros e indemnizar á Agrupación Gestora Empresarial S.A (Agruges) con 3.460.000 dólares americanos.

Os feitos polos que foi condenado o director executivo de Eurobattery Minerals están relacionados cunha explotación mineira de ouro en Serra Leona.

Sospeitoso doutros 3 delitos 

Ademáis a Autoridade Sueca de Delitos Económicos notificou a García Martínez a súa condición de sospeitoso por tres presuntos delitos graves de utilización de información privilexiada, relacionados con operacións sobre instrumentos financeiros de Eurobattery Minerals. 

A crise da compañía afecta directamente á explotación proxectada na parroquia de Pentes, no Concello da Gudiña a través de Tungsten San Juan.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade