Publicador de contidos

Publicador de contidos

A mina de volframio da Gudiña estará operativa no segundo semestre de 2026

A mina de volframio da Gudiña estará operativa no segundo semestre de 2026

Unha empresa sueca mercou o 51 % da sociedade que tiña os dereitos de explotación da mina e prevé comezar os traballos preparatorios en breve

G24.gal 18/07/2025 14:17

Unha multinacional sueca, Eurobattery Minerals, explotará a mina de volframio da Gudiña. Esta empresa espera que na segunda metade do 2026 poida comezar a venda do mineral.

A empresa sueca comprou o 51 por cento da sociedade que tiña os dereitos de explotación da mina. En breve ten previsto comezar cos traballos preparatorios.

A compañía asegura que conta con todas as licenzas e contratos necesarios para iniciar a produción mineira. Tamén un acordo de subministración do volframio cunha sociedade austríaca líder na produción de tungsteno.

O proxecto conta co visto e prace da Comunidade de Montes de Pentes, onde está radicada a mina, e tamén co dos grupos políticos do Concello da Gudiña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade