Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta autoriza a transmisión da mina de Penouta, máis preto de retomar a súa actividade

A Xunta autoriza a transmisión da mina de Penouta, máis preto de retomar a súa actividade

O Supremo deberá decidir tras considerar o TSXG insuficiente o estudo ambiental

Esta mina é a única fonte primaria de estaño, tantalio e niobio que estivo operativa recentemente na Unión Europea

Son materias primas críticas fundamentais para facer chips ou para o sector aeroespacial

Rosa Veiga - Europa Press - Archivo Rosa Veiga - Europa Press - Archivo
G24.gal 02/07/2026 08:33

A mina de Penouta, en Viana do Bolo, está un pouco máis preto de retomar a súa actividade. A empresa propietaria recibiu a última autorización autonómica que precisaba para reactivar o proxecto. Unha explotación considerada extratéxica para Europa pola súa produción de estaño, tantalio e niobio. Son materias primas críticas fundamentais para facer chips ou para ou sector aeroespacial.

A Xunta de Galicia autorizou a transmisión da concesión mineira da Sección C da mina á filial española de Energy Transition Minerals.

Así o anunciou a compañía este mércores nun comunicado, e confírmano fontes da Consellería de Economía a Europa Press. A resolución recoñece formalmente a compañía como nova titular dos dereitos mineiros, tras a insolvencia do anterior operador, Strategic Minerals Spain, que cesou a súa actividade en outubro de 2024 e entrou en concurso de acredores.

Asemade, a empresa explicaba en abril que preparaba a documentación necesaria para a solicitude dunha nova licenza para a sección C, que está suxeita á decisión do Tribunal Supremo polo proceso xudicial polo que o TSXG anulou o permiso de explotación por considerar insuficiente o  seu estudo ambiental.

Esta sentenza deuse a coñecer en xuño de 2024 e aínda non é firme, xa que tanto a Xunta como a antiga promotora presentaron recursos que o Supremo se ten que encargar de resolver.

Neste contexto, manteñen 2027 como ano para empezar a explotar coltan, aínda que están marcados tanto pola decisión do Supremo como pola extensión dos seguintes trámites administrativos que queiran levar a cabo, como a solicitude de Proxecto Industrial Estratéxico (PIE).

A transmisión da concesión queda condicionada á resolución dun recurso pendente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), un trámite procesual derivado do xa concluído procedemento concursal. "Se o recurso se resolve favorablemente, a transmisión adquirirá plena eficacia. En caso contrario, a compañía terá dereito a solicitar unha nova concesión mineira que restableza a situación xurídica previamente existente", sostén ETM este mércores.

ETM completará agora as condicións habituais asociadas á transmisión e levará a cabo unha revisión operativa para definir a mellor estratexia para reiniciar a actividade mineira. O proceso de compra iniciouse cunha poxa pública na que presentaron unha oferta de 5,2 millóns de euros.

A mina funcionou ata 2024 e conserva tanto a explotación ao descuberto como unha planta de tratamento deseñada especificamente para o seu mineral, alén das infraestruturas auxiliares correspondentes, despois dun investimento próximo aos 28 millóns de euros.

A compañía xa asinou un memorando de entendemento coa firma internacional de comercialización de materias primas Traxys para a venda futura de concentrados procedentes da mina.

Minerais críticos

A empresa destaca que esta mina é a única fonte primaria de estaño, tantalio e niobio que estivo operativa recentemente na Unión Europea.

"Europa apenas produce os metais que se extraen na mina de Penouta. A inmensa maioría do niobio mundial procede dun único país, O Brasil; a maior parte do tantalio extráese en África Central, principalmente na República Democrática do Congo e Ruanda, onde resulta máis difícil garantir a rastrexabilidade e os estándares de abastecemento responsable, e A China domina o procesamiento de minerais críticos a escala mundial", relata a empresa nun comunicado.

Así, lembra que o tantalio e o niobio están catalogados pola Unión Europea como materias primas críticas.

Son materiais esenciais para a fabricación de semiconductores e condensadores, aliaxes avanzadas para os sectores aeroespacial e de defensa, e tamén para tecnoloxías vinculadas á transición enerxética. Ademais, os prezos do tantalio alcanzaron máximos de varias décadas debido ás interrupcións da subministración procedente de África Central.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade