A falsa médica lucense é localizada en Suíza pola Europol
A muller leva en busca e captura dende marzo de 2025
O Colexio de Médicos de Lugo pide tres anos de prisión
A Europol chega a Andrea Sánchez, a falsa médica de Lugo, grazas a novas pistas. A lucense foi localizada en Suíza traballando como farmacéutica. A muller conta con dúas condenas por intrusismo laboral e falsidade documental e orde de ingreso en prisión dende hai máis dun ano.
Andrea Sánchez levaba desaparecida dende marzo de 2025, cando non se presentou no xuízo que ten pendente no Xulgado do Penal de Lugo. A partir dese momento, a muller pasou a formar parte da listaxe dos máis buscados pola Europol. T
Todo comezou no ano 2019, cando Andrea tratou de colexiarse no Colexio de Médicos de Lugo cun título falso. A muller fíxose pasar por médica nunha residencia de anciáns e en varias clínicas, sobre todo en Lugo e na Coruña; no país helvético mudou do falso título de médica ao de farmacéutica.
Neste momento, a falsa médica afróntase a denuncias por estafa e falsidade documental. Segundo o avogado do Colexio de Médicos de Lugo, Luis Lamas, o colexio fixo as alegacións oportunas entendendo que o delito cometido no noso país tamén está penado en Suíza e provocaría a extradición da falsa doutora de volta a España. Dende o Colexio de Médicos de Lugo piden tres anos e medio de prisión polos delitos alegados.