Europol inclúe na lista de máis buscados a unha muller que se fixo pasar por médica en Lugo e A Coruña
Europol inclúe na lista de máis buscados a unha muller que se fixo pasar por médica en Lugo e A Coruña
Andrea Sánchez Antelo, de 32 anos e 155 centímetros de estatura, está en busca e captura desde o pasado ano
Traballou nunha clínica da Coruña e nun xeriátrico de Lugo, deu tratamentos e asinou certificados de defunción
Non compareceu no xuízo que se ía celebrar en Lugo por unha causa pola que se enfronta a penas de tres anos e medio de cárcere
Andrea Sánchez Antelo, a falsa médica en busca e captura. Europol
A Europol incluíu na súa lista dos delincuentes máis buscados de Europa a unha muller que se fixo pasar por médica en Lugo e A Coruña e que está en busca e captura desde o pasado ano tras non comparecer ante o tribunal.
Trátase de Andrea Sánchez Antelo, de 32 anos e 155 centímetros de estatura, segundo se recolle na ficha publicada polo organismo europeo.
En concreto, a Europol sinala que a busca por un delito de fraude por exercer a medicina sen licenza e falsificar documentos públicos facéndose pasar por médica. Ademais, engade que esa fraude como profesional sanitaria deu lugar a "un elevado número de vítimas, que foron tratadas e atendidas por unha falsa médica".
Traballou nunha clínica da Coruña e nun xeriátrico de Lugo
O pasado mes de novembro un xulgado decretou a orde de busca e captura en relación cun caso polo que se lle imputan os delitos de intrusismo profesional, falsidade documental e estafa.
A muller chegou a traballar nunha clínica da Coruña e tamén nun centro xeriátrico na provincia de Lugo chegando a dar tratamentos e ata emitir certificados de defunción.
Por outra banda, non compareceu no xuízo que estaba fixado nun Xulgado do Penal de Lugo por unha causa pola que se enfronta a penas de tres anos e medio de cárcere.
Segundo a acusación, elaboraría documentación falsa sobre a súa suposta titulación, ademáis de facer o mesmo para solicitar a súa colexiación.
Europol