Suplantan os contactos da axenda do WhatsApp para enviar mensaxes pedindo cartos
O INCIBE e a Policía alertan da nova estafa que están rexistrando nas últimas semanas
Afecta aos móbiles Iphone anteriores a IOS18 e os que están sen actualizar
É fundamental verificar, contactado con esa persoa por outra vía, e ter o móbil actualizado para previr
A policía alerta dunha nova estafa a través de mensaxes de WhatsApp. Nos centros de servizo técnico tamén o están notando. Afecta aos modelos de Iphone sen actualizar ou cun sistema operativo anterior a IOS 18, segundo explica Marcos Castro, técnico de telefonía informática.
"Hai un fallo de seguridade que lle permite aos hackers acceder a axenda e suplantar a identidade dentro do WhatsApp da persoa que o está enviando, non acceder o teléfono nin os datos do teléfono, pero si subsanar a identidade e todos os datos de contacto que teñas"
Envían unha mensaxe pedíndo cartos, sen que o titular real o saiba porque borran esas mensaxes do seu historial. Para non caer na trampa, de entrada, é fundamental aplicar o sentido común e verificar, falando directamente coa persoa por un medio distinto do WhatsApp. Á parte diso é importante ter actualizado o móbil, cousa que non sempre é posible con terminais antigos.
"Esta caendo moita persoa maior, porque queren teléfonos pequenos e actualmente non hai teléfonos pequenos de Iphone, tiran de teléfonos antigos que non se poden actualizar", asegura
Hai que estar previdos, porque os piratas informáticos están aproveitando moito as vantaxes operativas que lles ofrece a IA para entrar por calquera fenda de seguridade.
" É moi importante ter o Iphone actualizado, xa que igual que hai este fallo de seguridade seguro que hai outros de fondo que están gardando para facer máis dano", explica
Os terminais de Apple anteriores o IOS 18 xa non permiten facer actualizacións